- Tytuł:
- A difusión e a recepción dos primeiros textos impresos en galego no século XIX
- Autorzy:
- Boguszewicz, Maria
- Powiązania:
- https://bibliotekanauki.pl/articles/2087633.pdf
- Data publikacji:
- 2009
- Wydawca:
- Uniwersytet Warszawski. Wydział Neofilologii
- Tematy:
-
pre-Renaissance Galician
history of reading in Galician language
social history of Galician language
history of Galicia
popular Galician literature - Opis:
- Despois dos Séculos Escuros pero ainda antes de producirse o Rexurdimento, na primeira metade do século XIX, apareceu na prensa local e nas follas soltas unha serie de textos impresos na lengua galega, a maioría de contido político e de carácter propagandístico. Galicia era daquela un país eminentemente rural onde máis do 90% da poboación estaba asentada no campo. De todas asclases da sociedade galega decimonónica, anque case a totalidade coñecía o galego, era monolingüe en galego só o campesiñado. Recurrir ao galego nuns textos políticos tiña sentido únicamente ao dirixirse precisamente a esta camada baixa. Como os labregos galegos naquela época eran maioritariamente analfabetos, os modos de difusión destes textos debían de ser fundamentalmente orales. Os textos en cuestión necesitaban un lector interposto que lía o seu contido a un auditorio máis ou menos amplo. A súa intención era pasar á cultura popular onde ían circular pola vía oral. Por ello, ditos textos adoptaban unhas formas e recollían unhos motivos presentes na literatura popular galega. Carecemos das probas que confirmarían o éxito ou o fracaso desta táctica. Tampouco coñecemos o efecto producido por estes textos nos seus receptores. De modo que a intención deste traballo é a reconstrucción da difusión e da recepción dos textos do prerrexurdimento a base de fontes indirectas polo que as conclusións presentadas aquí non poden ser máis que hipotéticas.
- Źródło:
-
Itinerarios; 2009, 9; 227-245
1507-7241 - Pojawia się w:
- Itinerarios
- Dostawca treści:
- Biblioteka Nauki