- Tytuł:
- Sobre falsificacións e traumas: do galego antigo ao contemporáneo
- Autorzy:
- Freixeiro Mato, Xosé
- Powiązania:
- https://bibliotekanauki.pl/articles/2079177.pdf
- Data publikacji:
- 2014
- Wydawca:
- Uniwersytet Warszawski. Wydział Neofilologii
- Tematy:
-
Medieval Galicia
Castile
Galician language
inferiority complex
self-hatred
Galiza medieval
Castela
galego
complexo de inferioridade
autoodio - Opis:
- A Gallaecia foi durante séculos no período medieval o reino cristián alternativo á Hispania musulmá na península ibérica e tivo unha forte presenza en Europa, mais na historia oficial española o reino da Galiza case non existe ou figura simplemente como subsidiario dos reinos de Asturias ou de León e Castela; os documentos medievais menciónano constantemente e concédenlle moita relevancia. Ao mesmo tempo, o reino da Galiza incluía unha boa parte de Portugal na altura e a lingua común neses territorios era o galego, lingua cortesá e lingua poética por excelencia. Mais ese brillante pasado do galego no período medieval contrasta cos séculos escuros que viñeron a seguir. Castela exerce o seu poder colonizador sobre a Galiza en canto Portugal a ignora, de tal modo que será menosprezada e marxinada polos dous reinos peninsulares que teñen a súa xénese na antiga Gallaecia. A fala e as xentes galegas comezarán a ser ridiculizadas tanto na corte castelá como na portuguesa. Como consecuencia, a lingua irá perdendo prestixio entre as propias persoas que a falan e darase inicio a un longo proceso de substitución do galego polo castelán, o que vai xerar ao longo dos próximos séculos na sociedade galega preconceptos lingüísticos, baixa autoestima das e dos falantes da lingua propia, deslealdade lingüística, complexo de inferioridade e mesmo autoodio.
- Źródło:
-
Itinerarios; 2014, 20; 101-121
1507-7241 - Pojawia się w:
- Itinerarios
- Dostawca treści:
- Biblioteka Nauki