Informacja

Drogi użytkowniku, aplikacja do prawidłowego działania wymaga obsługi JavaScript. Proszę włącz obsługę JavaScript w Twojej przeglądarce.

Wyszukujesz frazę "memória" wg kryterium: Temat


Wyświetlanie 1-2 z 2
Tytuł:
A paradoxal asimilación da actividade teatral anterior á Guerra Civil no momento refundacional do teatro galego
Autorzy:
Biscainho-Fernandes, Carlos-Caetano
Powiązania:
https://bibliotekanauki.pl/articles/2079168.pdf
Data publikacji:
2014
Wydawca:
Uniwersytet Warszawski. Wydział Neofilologii
Tematy:
galician theater
reestablishment
legitimacy
memory recovery
national imaginary
teatro galego
refundación
lexitimación
recuperación da memoria
imaxinario nacional
Opis:
A finais da pasada década de sesenta, iníciase na Galiza un proceso de recuperación da actividade dramática vehiculizada en galego. Os participantes nese proceso refundacional do sistema teatral galego ignoraban inicialmente todo o realizado nos palcos do país antes do golpe de estado fascista. O réxime ditatorial encargárase de apagar calquera información que puidese servir de elemento cohesionador da sociedade galega e promovía outros trazos –intensamente folclorizados– que, permitindo unha lasa filiación emocional coa terra, non colidisen coa súa ideoloxía imperialista. A recuperación e a posta en valor do sucedido teatralmente na Galiza antes de 1936 encaixaba perfectamente na vontade de contestación ao réxime e de procura dun espazo galego de participación cidadá que o franquismo negaba, vontade que os tiña levado ao reencontro coa reivindicación nacional. Os envolvidos na actividade escénica galega refundacional foron conscientes de que o coñecemento do pasado enriquece o imaxinario nacional e este representa unha poderosa arma contra a subalternidade. Repásanse aquí os paradoxos en que se tiveron que mexer, pois a actividade teatral galega das primeiras décadas do século XX ficaba temática e esteticamente moi afastada do teatro que se quería facer e trazar a ponte co pasado tornábase difícil.
Źródło:
Itinerarios; 2014, 20; 89-99
1507-7241
Pojawia się w:
Itinerarios
Dostawca treści:
Biblioteka Nauki
Artykuł
Tytuł:
Cara a unha identidade colectiva: imaxinario e normas de repertorio na poesía galega dos 90
Autorzy:
Cid Fernández, Alba
Powiązania:
https://bibliotekanauki.pl/articles/2079176.pdf
Data publikacji:
2014
Wydawca:
Uniwersytet Warszawski. Wydział Neofilologii
Tematy:
theory of systems
memory
identity
community
Galician Poetry of the 90s
teoría sistémica
memoria
identidade
comunidade
poesía galega dos 90
Opis:
Desde que Les cadres sociaux de la mémoire de Halbwachs en 1925 postulou a construción social da memoria colectiva, as Ciencias Sociais non desatenderon os estudos sobre a memoria, xa fose enfocando o seu carácter normativo ou a súa relación coa historia. Hoxe, esta asúmese como un mecanismo de reconstrución e resignificación dos elementos presentes ou incorporábeis ao imaxinario social por intereses diversos. Observando a produción poética galega da década dos 90 (e non só), percíbese a reiteración de certos elementos ligados á historia e á construción da memoria nacional, entre os que podemos atopar desde mencións ao imaxinario atlantista ou medieval, até interdiscursividade e intertextualidade coa literatura popular ou reescrituras da historia literaria. Ao sermos conscientes da ligazón destes marcos coa fabricación das identidades nacionais, e sen deixar de considerar o sistema galego como un sistema se non emerxente, si en loita pola súa definición e contraste, é pertinente cuestionar se certas escollas na produción poética constituíron unha norma de repertorio na altura dos 90. Reformulada por Torres Feijó (2004), esta noción de Itamar Even-Zohar designa aqueles elementos que non delimitan sistemas, pero son promovidos por dotaren de maior xenuinidade os produtos propios dunha comunidade. Nun sistema no que a historiografía e a historia literaria se alicerzaron retroalimentándose, no que a relación entre construción da identidade e construción dun sistema literario propio é decisiva, faise máis nutricia esta revisión.
Źródło:
Itinerarios; 2014, 20; 35-48
1507-7241
Pojawia się w:
Itinerarios
Dostawca treści:
Biblioteka Nauki
Artykuł
    Wyświetlanie 1-2 z 2

    Ta witryna wykorzystuje pliki cookies do przechowywania informacji na Twoim komputerze. Pliki cookies stosujemy w celu świadczenia usług na najwyższym poziomie, w tym w sposób dostosowany do indywidualnych potrzeb. Korzystanie z witryny bez zmiany ustawień dotyczących cookies oznacza, że będą one zamieszczane w Twoim komputerze. W każdym momencie możesz dokonać zmiany ustawień dotyczących cookies