- Tytuł:
- Cara a unha identidade colectiva: imaxinario e normas de repertorio na poesía galega dos 90
- Autorzy:
- Cid Fernández, Alba
- Powiązania:
- https://bibliotekanauki.pl/articles/2079176.pdf
- Data publikacji:
- 2014
- Wydawca:
- Uniwersytet Warszawski. Wydział Neofilologii
- Tematy:
-
theory of systems
memory
identity
community
Galician Poetry of the 90s
teoría sistémica
memoria
identidade
comunidade
poesía galega dos 90 - Opis:
- Desde que Les cadres sociaux de la mémoire de Halbwachs en 1925 postulou a construción social da memoria colectiva, as Ciencias Sociais non desatenderon os estudos sobre a memoria, xa fose enfocando o seu carácter normativo ou a súa relación coa historia. Hoxe, esta asúmese como un mecanismo de reconstrución e resignificación dos elementos presentes ou incorporábeis ao imaxinario social por intereses diversos. Observando a produción poética galega da década dos 90 (e non só), percíbese a reiteración de certos elementos ligados á historia e á construción da memoria nacional, entre os que podemos atopar desde mencións ao imaxinario atlantista ou medieval, até interdiscursividade e intertextualidade coa literatura popular ou reescrituras da historia literaria. Ao sermos conscientes da ligazón destes marcos coa fabricación das identidades nacionais, e sen deixar de considerar o sistema galego como un sistema se non emerxente, si en loita pola súa definición e contraste, é pertinente cuestionar se certas escollas na produción poética constituíron unha norma de repertorio na altura dos 90. Reformulada por Torres Feijó (2004), esta noción de Itamar Even-Zohar designa aqueles elementos que non delimitan sistemas, pero son promovidos por dotaren de maior xenuinidade os produtos propios dunha comunidade. Nun sistema no que a historiografía e a historia literaria se alicerzaron retroalimentándose, no que a relación entre construción da identidade e construción dun sistema literario propio é decisiva, faise máis nutricia esta revisión.
- Źródło:
-
Itinerarios; 2014, 20; 35-48
1507-7241 - Pojawia się w:
- Itinerarios
- Dostawca treści:
- Biblioteka Nauki